Seguen os contactos coa elite da tecnoloxía médica

Medicina
M. Outeiro
O CEO Tom Gordy, segundo esquerda, co alcalde Blas García, terceiro, e persoal. Foto: BG

A Maía. O mandatario local amesán, Blas García, vén de recibir no Concello a Tom Gordy, CEO da empresa norteamericana CAST (Core Access Surgical Technologies) con sede en Atlanta. Trátase dunha compañía dedicada á fabricación de material médico e cirúrxico. Os seus responsables visitaron a capital maiá porque traballan coa empresa amesá Conic Vascular, e nestes momentos busca expandirse.

O alcalde agradeceu “a Manuel e a Sergio poder explicarlle a Tom como é o noso concello e as capacidades e posibilidades empresariais que ten”. Hai que lembrar, sen saír do apartado da tecnoloxía médica, que hai unhas semanas tamén acudiron ao consistorio Mowaffag Albayouk e a súa dona. Albayouk é presidente da empresa saudí NABD Medical, que tamén traballa coa empresa local Conic Vascular –dirixida por Manuel Parente–, e que fabrica stents no país árabe, ademais de exportar outra serie de produtos e materiais. M. Outeiro