Sesións guiadas de ioga, taichi, chikung e marcha

Saúde e Deporte
O.D. Vilar
Quecemento para a práctica nórdica, unha das actividades de Activa Ames Verán. Foto: CA

A Maía. As actividades do Ames Saudable, organizadas ao longo do ano pola concellaría de Promoción de Saúde, adáptanse ao período estival co programa Activa Ames Verán, que permitirá gozar á veciñanza de sesións guiadas de ioga terapéutico, taichi tradicional, chikung e marcha nórdica do 4 de xullo ao 31 de agosto.

Cada proposta realizarase por un período de 15 días, os luns e mércores no Milladoiro, no entorno da piscina municipal, e os martes e xoves en Bertamiráns, nos xardíns do Pazo da Peregrina, sempre a partir das 10.00 horas e cunha duración dunha hora (menos a marcha, que alongarase ata as 11.30 horas). As actividades serán gratuítas e non cómpre inscrición previa. Con esta serie de propostas, que se realizarán polas mañás e de xeito bisemanal nas dúas principais urbes amesás, refórmanse as actividades habituais do Ames Saudable para encaixalas no meses estivai (SaúdeAndo parará entre xuño e setembro). O.D.V.