Sinaturas e información contra a subida eléctrica

Factura eléctrica
M. Outeiro
Mesa do BNG brionés para recoller sinaturas entre os veciños contra a subida eléctrica. F: BNG

Brión. O BNG de Brión volveu plantarlle cara á subida da electricidade, igual que fixera en xullo, debido ó brutal incremento da factura. Así, nestes días instalouse unha mesa para recoller ducias de sinaturas a prol dunha tarifa eléctrica galega e xusta. O incremento do prezo da luz nas últimas semanas leva ó Bloque a retomar a iniciativa. Previamente presentou unha moción, aprobada no pleno por unanimidade, para trasladarlle ao Goberno central o rexeitamento á súa política enerxética, pois contribúe “ao incremento da factura eléctrica dunha parte importante das e dos consumidores domésticos e dos sectores vulnerábeis”, sinala. Asemade, instaba ó Executivo a abrir un novo proceso para unha regularización da tarifa eléctrica baixo as seguintes premisas: reducir os impostos que gravan o consumo eléctrico, beneficiar os territorios de produción desta enerxía e modificar a lei do sector eléctrico para fixar prezos a partir do custe. M.O.