Solicitará no pleno o PP de Ames que se restableza a liña de Ortoño

Transporte urbano
El Correo Gallego
A proposta debaterase na sesión do 28 deste mes. Foto: F.P.

Ames. O Partido Popular de Ames acaba de rexistrar unha proposta para restituír a liña de Ortoño mediante a firma dun convenio con Santiago e a colaboración da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia “como a única vía de restaurala a curto prazo”, indican dende o partido. Esta proposta será debatida no vindeiro pleno do 28 deste mes e, de ser aprobada, “posibilitaría a firma dun convenio que faría posible a restitución do servizo en breves, xa que segundo as declaracións realizadas polo alcalde compostelán, a cuestión é tan só un problema económico cifrado no entorno dos 80.000 euros”, apuntan os populares.

Segundo afirman, o rexedor de Santiago amosouse disposto a falar e colaborar “o que proba definitivamente o que dicía o Grupo Popular: que o alcalde socialista de Ames non moveu nin un só dedo para evitar a desaparición desta liña e que sabía desta cuestión, polo menos, dende o ano 2017”, din.

Consideran que si o rexedor santiagués e a Consellería están dispostos a implicarse “tan só falta que o alcalde de Ames se poña a traballar na materia pendente que deixou para a convocatoria extraordinaria de febreiro”. C.G.