Sondarúa, Triska e Verto actúan o 18 no SolporSon

El Correo Gallego
A edil Escarlata Pampín, esqu., e unha colaboradora na presentación do SolporSon. Foto: CA

AMES. O campo da festa de Biduído acollerá o venres 18 de xuño o festival SolporSon de Ames. Alí, e dende as 21.30 horas, actuarán os grupos SonDaRúa, Verto e o grupo local de Ames Triska, que ensaian na Factoría, onde ensaian os grupos locais.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística. Pódese reservar xa o convite a partir das 14.00 horas (entradas limitadas por aforo reducido). O recinto estará pechado e o evento cumprirá todas as medidas de prevención da COVID, e hai que suliñar que as portas do evento abriranse ás 20.30 horas, xa que as persoas que adquiriran o seu convite e non se presenten ao concerto antes das 21.30 h. perderán o dereito de entrada, e poderán adquirila no momento as persoas que ata alí se acheguen. Os xéneros musicais van dende o rock ata o funky, rap galego, hip hop reivindicativo ou a música pop, sempre con arrecendo maián. m. manteiga