Sospeitan dunha granxa polos danos en terreos

Destrozos
O.D. Vilar
Pista da senda entre Ortoño e O Milladoiro desfeita, pese a non chover, e cerrada. Foto: BG

A Maía. O mandatario local de Ames, o socialista Blas García, amosaba o seu “cabreo” despois de comprobar o estado dos terreos na zona da senda verde de Ortoño a O Milladoiro, Sisalde e Agro do Muíño. En concreto, desde a alcaldía sospeitan “dunha gandería que está na Telleira, Brión, e que foi ocupando terreos por Ames”.

Segundo as mesmas fontes, hai xa varios meses foros os propios veciños quenes lle comentaron que estaban a ocupar propiedades privadas sen permiso, “e comprobei como foi ocupando parcelas e camiños sen ter ningún tipo de autorización”, asegura García. A súa intención e preguntar agora nos servizo municipal de Urbanismo por se foi solicitado algún permiso para realizar esa actividade gandeira, e para pechar parcelas, camiños e regatos. Para máis inri, e ademáis de detectar destrozos en “bens municipais e privados”, atopou residuos depositados e cheiros, “especialmente diante dun centro escolar”. O. D. Vilar