Suciedade nos contenedores próximos a escola infantil de Padrón

O BNG reclama ao Concello a limpeza e alertan dun problema de insalubridade
Limpieza
S. E.
Un dos contenedores denunciado polo BNG de Padron

Padrón. O Bloque Nacionalista Galego de Padrón, a través da concelleira Beatriz Rei, presentou un escrito no Concello no que informa ao goberno municipal da situación na que se atopan os contenedores subterráneos de cartón, envases e vidro situados na rúa Vila de Rianxo, a 25 metros da escola infantil municipal de Padrón, que “están ateigados”, din, e reclaman a súa limpeza e vaciado.

Nun comunicado remitido aos medios de comunicación, a formación nacionalista denuncia que “a indolencia deste goberno municipal” pode favorecer “un foco infeccioso nun entorno sensible”.

O BNG lémbralle ao goberno local que estes contenedores foron inutilizados recentemente, “pero esta situación é anterior á pandemia, e aínda que se trata de residuos non orgánicos, moitos envases levan impregnados restos orgánicos, polo que a insalubridades neste recinto está garantizada”.

Finalmente, os nacionalistas explican no escrito presentado que son razóns de salubridade, hixiene, boa imaxe de Padrón e dos seus servizos públicos, polo que o Bloque demanda do Concello de Padrón “que se proceda ao baleirado, limpeza e desinfección destes contenedores e do seu entorno”. s.e.