Sufocan o lume nun inmoble bañés do Cruceiro

Incendio
O.D. Vilar
Localidade do Cruceiro, na parroquia bañesa de Ordoeste. foto: MG

Os Bombeiros de Xallas-Barcala desprazáronse ata a localidade bañesa de Ordoeste para sufocar o lume declarado este xoves na lareira dun inmoble, pouco antes das dez da mañá. Cando chegaron, observaron que se trataba dunha vivenda vella que se atopa ó lado doutra, e que as lapas xa estaban controladas. Unha vez que baixou a temperatura das zonas máis quentes, precisamente na pedra da cheminea, avisaron para que deixasen a zona vixiada por si se reiniciaba o sinistro, dando por rematada a intervención.