Suliñan que xa tentaron que a Xunta desbroce un vial en Teo

Maleza
C.G.
Outra das imaxes remitidas polos veciños de Teo ante o estado do vial, cheo de maleza. Foto: AT

Teo. O grupo socialista de Teo vén de respostar a un grupo de veciños que reclamaban que a administración local “tomase cartas” no tema da falta de desbroce nun vial peonil que une a Ramallosa ca rotonda dos Verxeles. E, ao fío, os edís do PSOE aseguran que xa se intentou en diferentes ocasións que a Xunta, titular da AC 841, limpase as beirarrúas, pero tamén que eles non o van facer por non ser titulares da mesma. De calquer xeito, os afectados animan ao goberno local a que siga a presionar ata obter resultados.

Así, dende Servizos Básicos aseguran ter falado “moitas” veces co encargado da vía para que lle den un repaso á maleza que interrompe o paso da veciñanza, obtendo sempre por resposta, “moi boas palabras, pero ningún resultado práctico”. “As escusas que poñían foron varias”, como “non temos xente suficiente, temos que atender a autovía e non nos queda moito tempo”. Tamén solicitouse que contratasen unha empresa, e a resposta foi “non temos presuposto”, di Uxía Lemus.

Os afectados, pola súa banda, lembran que lles dá igual de quen sexa a estrada, e esixen resultados aos edís. C.G.