Supervisan a rehabilitación do adro negreirés de Liñaio e a cuberta do local social de Xallas

Obras públicas
M.M.
García, 2º esqu., co rexedor Ángel Leis, 3º, e veciños de Liñaio. Foto: DC

Teo. O deputado provincial de Promoción Económica, Blas García, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, visitaron na capital barcalesa as obras realizadas por asociacións veciñais con financiamento da Deputación, a través das liñas de subvencións de Promoción Económica.

Así, e xunto coa directiva da Asociación de Veciños O Teleclub de Liñaio, deputado e rexedor supervisaron a rehabilitación do muro do adro parroquial de San Martiño, onde contan cun dos locais dos que dispón a entidade (a escola unitaria de Liñaio, fundada por emigrantes da parroquia en Cuba en 1919). Trátase dun antigo muro de mampostería situado no entorno da casa reitoral que se atopaba en mal estado de conservación e que agora loce completamente renovado grazas a un investimento de 35.000 €, o 80 % a cargo da Deputación. Ademais, este ano haberá unha nova axuda de 16.000 euros para recupera alí o hórreo.

E coa Asociación de Veciños de San Pedro de Xallas, inspeccionaron as obras de mantemento e cambio da cuberta do local social (a anterior era de 1998 e presentaba mal estado e desprendementos) por 16.764 € (12.740 € da Deputación). M.M.