Suplen con Uber o bus escolar de Teo e levan a polémica ao Parlamento

Transporte escolar
O.D. Vilar
Buses escolares nas inmediacións do Instituto de Caheiras, en Teo. Foto: PSOE

Teo. O PSOE de Teo está a recoller as múltiples incidencias no servizo do transporte escolar, uns retrasos que afectan dende hai meses tamén a usuarios de Negreira, A Baña ou Ames, tal como informa este xornal nas últimas semanas. E de cara a propor solucións, pedíronlle á deputada socialista Noa Díaz que leve o tema ao Parlamento galego polos “innumerables incumprimentos do contrato existente con Monbús”. A portavoz Uxía Lemus centra os retrasos nos buses que van ao CEIP da Ramallosa ou o de CEIP de Calo, “provocando que cheguen tarde ao inicio das clases”. E no caso do IES de Cacheiras, tamén afectado, a liña de Lampai tivo que suplirse con Uber. Así llo trasladou a edil teense Mayte Argibay aos seus homólogos na comarca, queixándose tamén da falta de mantemento dos CRA e falta de prazas no comedor dos Tilos. O.d. V.