Suspéndese o mercado dos sábados en Bertamiráns

O rexedor amesán fíxoo público hoxe a través dun Decreto de Alcaldía // Retomarase cando mellore a situación sanitaria provocada pola COVID
COVID
Redacción WEB
Mercado de rúa en Bertamiráns, Ames. Foto: C. de Ames.

Ames. Ante as condicións de alerta sanitaria provocadas pola COVID, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, tomou a decisión de suspender o mercado de venda ambulante que se celebra habitualmente os sábados en Bertamiráns. Dita suspensión aprobouse hoxe a través dun Decreto de Alcaldía e será efectiva ata que as condicións hixiénico-sanitarias permitan volver a celebrar dito mercado nas rúas Ameneiral e Entrerríos e na praza do Concello.