Tapia soará a ritmo de Rock & Soul co concerto do grupo Broken Peach

actividades culturais
Pedro Brea
Imaxe do grupo de Rock & Soul Broken Peach, que actuará hoxe en Tapia. Foto: Broken Peach

Ames O programa Seráns de Tapia pon o foco esta xornada na rapazada amesá cun concerto organizado pola concellaría de Mocidade. As Broken Peach son 4 mulleres, xunto cun batería, un baixo, e un guitarra/piano, que conseguen situar ao público en diferentes épocas e ambientes. O seu eclecticismo musical viaxa desde o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk e pop. A concellaría de Cultura leva achegando a literatura, a música e o teatro ao entorno privilexiado da Praia Fluvial de Tapia todo o mes de xullo. Faino cada xoves da man das bibliotecas municipais, e en colaboración coa departamento de Mocidade e Normalización Lingüística.

O programa Seráns de Tapia converteuse, ademais, nun xeito de democratizar a cultura achegándoa ao rural do Concello de Ames ao longo de todos os xoves dos meses de xullo e agosto. pedro brea