Teo abre as anotacións para os seus concilias de mañá e tamén de tarde

conciliación
O.D. Vilar
Imaxe de arquivo de rapaces de Teo nun dos xogos de conciliación que organiza o Concello. Foto: CDT

Teo. O departamento de Benestar de Teo abre a inscrición nos programas de conciliación: o Teo madruga e o vespertino Teo coida.

O servizo Teo madruga ofértase nos tres CEIP, Calo, Os Tilos e A Ramallosa, en horario de 07.30 horas ata o comezo das clases, todos os días do período lectivo. Neste servizo hai dúas modalidades de usuario: fixo, que é aquel que se matricula para todo o curso, independentemente de que non use o servizo todos os días da semana, e ocasional, que é aquel que o utiliza en días soltos. A ficha de inscrición e a información sobre o programa pódense consultar na web municipal. A solicitude, xunto ca documentación que debe acompañala, hai que entregala por rexistro, nas oficinas ou sede electrónica.

O custe do servizo para usuarios fixos é de 40 euros ao mes só gardaría e 50 se inclúe o almorzo. Os ocasionais terían que pagar 4 euros por día polo servizo con almorzo e 3,50 euros polo servizo de gardería. Existen exencións e bonificacións a estes prezos.

E este ano tamén arranca a conciliación de tarde que, segundo o Concello, resposta “á necesidade de ampliar o servizo que se oferta nos períodos de vacacións escolares co Diverteo”, indican. o. d. vilar