Teo esixe unha exposición pública despois de recibir o plan de restauración para Casalonga

Minería
O.D. Vilar
A lagoa conformada na canteira teense da Casalonga, e que agora rpetenden eliminar cun recheo. Foto: CG

A Xunta vén de remitir o plan de restauración da canteira de Casalonga ao Concello de Teo, cuxos técnicos están xa a analizalo para acudir á vía xudicial. E, despois dun primer exame, a administración local segue a defender que a súa tramitación debe ser “garantista, transparente e axeitada ás condicións actuais da canteira” mediante unha declaración de impacto ambiental, xa que destacan que este plan “non terá exposición pública nin prazo de alegacións”, e xa conta “cunha proposta de resolución”.

No documento de Toysal, elaborado por Pedra Ingeniería con data de maio de 2020, aseguran que o recheo vaise facer “con terra vexetal” e logo sementarán vexetación e árbores por riba. Dende a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos aseguran que non, que pretenden executalo con lodos cheirentos.