Teo recurrirá diante dos tribunais a restauración da Casalonga e a expropiación

Recurso
O.D. Vilar
Recente camiñata nocturna da plataforma Casalonga limpa de residuos contra a restauración e expropiación na Casalonga. Foto: PCLR

O goberno municipal bipartito de Teo pensa defender a titularidade da vía que cruza diante da mina da Casalonga recurrindo diante os tribunais a decisión da Xunta de “expropiar para facilitarlle as cousas a Toysal”. E, do mesmo xeito, tamén vai recurrir a aprobación dun plan de restauración “que carece das mínimas garantías dunha tramitación administrativa axeitada”, indican as mesmas fontes, que destacan que “unha vez máis a Xunta actúa en favor dos intereseses empresariais cunha folla de ruta e tempos marcados, tentando menospreciar ás partes implicadas neste procedemento, administració local e veciñanza”.