“Trazo avanza en igualdade”

8-M
El Correo Gallego

“Non se trata dunha loita entre homes e mulleres. Trátase de dereitos, de igualdade de oportunidades.” Iso é o que din mulleres do concello de Trazo que piden, nun vídeo editado para a ocasión e que pode verse en YouTube este 8-M, respecto e educación, que se escoiten as súas voces, que se demostre que son protagonistas. Aínda queda moito por facer, recoñecen, pero cren que o cambio máis grande está feito, e insisten qen que ten que saír de cada muller, de cada persoa, de cada home que estea na súa casa de defender a igualdade, nas súas fillas, nas súas mulleres, nas súas nais.