Trece galas pra dinamizar economía e cultura locais

Dinamización
M. Outeiro
Actuación de Aires do Orinoco no AmesON. Foto: CDA

ames. Trece foron as actuacións musicais que integraron o programa AmesOn da Concellaría de Promoción Económica para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Cómpre salientar que moitos e moitas das artistas que desfilaron polo AmesON son, ademais, veciños da capital da Maía. Esta iniciativa comezou o pasado 8 de xullo coa actuación de The Goonies xa que, polas condicións meteorolóxicas, tivo que aprazarse o primeiro concerto que estaba programado para o 19 de xuño. E pechouse o 3 de setembro coa exitosa actuación da París de Noia. Nesta última xornada, subíronse ao escenario da orquestra as gañadoras do concurso Canta con Ames como teloneiras. Infórmase á veciñanza de que se atopou un plumífero e pano. Foi a despedida deste verán por todo o alto coa esperada actuación da París de Noia. En tan só 11 horas, as entradas esgotáronse, e durante as tres que durou o espectáculo, os asistentes e O Milladoiro ao completo vibraron coa actuación das tres gañadoras do concurso Canta con Ames e da afamada orquestra galega. Ante un público entregadisimo Carmen, Lara e Noelia demostraron o porqué se alzaron como gañadoras do Canta con Ames. Pola súa banda, a París non defraudou coa súa Xira do Camiño, subliña a concelleira amiense Ana Belén Paz. m. outeiro