Tres días para comprar coas tarxetas Merc@mes

Bonos descuento
M.M.
Venta de tarxetas bono Merc@ames nunha das casas da cultura amesás. Foto: CDA

A Maía. A segunda fase da campaña das tarxetas-bono Merc@mes, témolo todo! vai chegando ao seu fin, e o 15 de novembro rematará esta renovada iniciativa. Os donos das tarxetas teñen por diante tres días para facer as súas compras, e poden consultar o saldo das mesmas en dametusaldo.com. Pero quen non teña gastado todo o remanente o vindeiro día 16 poderá solicitar a devolución do importe non consumido á Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA).

Esta devolución dos cartos non incluirá a parte proporcional do valor subvencionado. Ademais, a concellería de Promoción Económica lembra que non se deben tirar as tarxetas, posto que poderán recargarse noutras campañas Merc@mes. Nesta fase puxéronse en circulación 2.800 tarxetas. Concretamente, vendéronse 1.000 tarxetas de 50 euros e outras 1.800 de 100 euros, o que supón un total de 230.000 euros dirixidos á promoción do comercio e da hostalería. M. M.