Tres feridos nunha colisión múltiple en Val do Dubra

Accidente de tráfico
O.D. Vilar
A estrada DP-1914 ao seu paso por Arabexo, no Concello de Val do Dubra. Foto: GM

Unha colisión múltiple entre tres vehículos rematou con outros tantos feridos en Val do Dubra. Foi un dos implicados no sinistro quen, pouco antes das dez e media da mañá deste mércores, informaba ao CIAE-112 Galicia desta colisión no km 18 (parroquia de Arabexo) da estrada DP-1914, que leva a Carballo. Ao parecer, un dos turismos saiuse de vía nunha curva, batendo cos outros dous.

Os xestores do 112 Galicia comunicaron o accidente aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Santiago, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Val do Dubra, que desprazou a tres voluntarios nun coche e camión. Xa no punto, os equipos de emerxencia, os efectivos aseguraban que resultaran feridos os condutores dos tres vehículos implicados e que dous deles tiveran que ser trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia. Pola súa banda, personáronse tamén dous médicos e enfermeiros do centro de saúde local, e os doentes evacuados en ambulancia laiábanse de dor no pescozo e o outro na cadeira. O terceiro non quixo ir a mirarse.