Tres socialistas amesáns na executiva do PSdeG

Congreso del PSdeG
M. Outeiro
Valentín González, sétimo pola esquerda, co alcalde García, oitavo, e socialistas. Foto: PS

A Maía. O 14 Congreso do PSdeG non só elixiu a nova dirección do partido, con Valentín González Formoso á fronte, senón que destacados militantes de Ames entrarán na executiva galega.

Así, Susana Señorís, edil de Deportes, levará a área de Deportes e Políticas Saudables; Paula García dirixirá a Secretaría de Participación, Comunicación e Redes Sociais, e o delegado do Goberno, José Miñones, será o encargado de dirixir a área de Estudos e Proxectos. Por outra banda, o actual rexedor, Blas García, mais Víctor Fernández, Isabel González e Álvaro Negreira, entrarán a formar parte do comité nacional, máximo órgano de dirección do PSdeG entre congresos. O alcalde García, secretario xeral amesán, afirmou que “os e as socialistas de Ames temos que amosar a nosa satisfacción porque conseguimos que se valore o traballo que levamos realizado”. Tamén foi felicitado, xunto a Teresa Facal, pola labor de organización do congreso. M. Outeiro