Trinta obras competirán polo Lorenzo Baleiron

PREMIO LITERARIO
S. E.
Cartaz do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

Dodro. Un total de 30 poemarios compiten este ano polo XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, organizado polo Concello de Dodro, e cuxo prazo de presentación de traballos finalizou o pasado día 8.

O Concello de Dodro nomeou como responsable do bo desenvolvemento do premio á poeta, profesora e tradutora, Elvira Ribeiro Tobío, quen conta cunha importante traxectoria no mundo literario e cunha extensa obra na nosa lingua. O xurado designado para valorar os trinta traballos integrano Rexina Rodríguez Veiga, escritora e docente; Silvia Penas Estévez, poeta, perfomer e actriz; Oriana Méndez Fuentes, poeta e Francisco Valeiras Gónzalez, poeta gañador da pasada edición do certame.

Indicar que o 6 de novembro o tribunal dará a coñecer a obra gañadora. O acto oficial de entrega do galardón terá lugar o 11 de decembro, case coincidindo coa data do aniversario do falecemento Lorenzo Baleirón. s. e.