Troula para a mocidade da man de ‘Humor Amarillo’

Ocio
M. Outeiro
A proba dos rolos, unha das máis divertidas de ‘Humor Amarillo’ en Feáns. Foto: HAC

A Maía. Continúa o programa Trouleando do departamento de Mocidade cunha cuarta proposta que consistirá na saída a un circuíto de actividades inspirado no programa Humor Amarillo, o próximo sábado 30 de abril, con autobús dende o Milladoiro e Bertamiráns.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando esta ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o martes 19 e o venres 22 de abril. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009). As instalacións do centro de actividades de Feáns contan cun amplo terreo de máis de 6.000 metros cadrados, e inclúen probas e obstáculos que replican aos do concurso televisivo. Os participantes na xornada enfrontaranse a varios retos grupais e individuais, para demostrar que equipo ten máis axilidade, destreza e valentía, como a parede de puños, loita de sumo ou os rolos. M.O.