Turismo dá visibilidade ó comercio padronés a través do Marketplace

A iniciativa inclúese no plan municipal de reactivación para os anos 2020 e 2021
Comercio
ARCA
Xente paseando polas rúas de Padrón

Padrón. O comercio do concello de Padrón incrementa a súa visibilidade a través do marketplace impulsado pola concellaría de Turismo. No mes de setembro o equipo deste departamento lanzou unha nova plataforma online para promocionar os produtos e ofertas dos distintos establecementos de comercio do municipio. Trátase dunha iniciativa incluída no Plan de Reactivación do Turismo e do Comercio elaborado pola Concellería de Turismo de Padrón para os anos 2020 e 2021, tendo en conta o Plan de Acción Padrón 2017-2022.

“Animo a todas as persoas que dirixen un comercio en Padrón a darse de alta nesta plataforma para mellorar as vendas do seu negocio, posto que deste xeito poderán informar a toda a súa posible clientela de todas as ofertas que teñan vixentes e, sen dúbida, fomentarán as compras”, incidiu Lorena Couso, concelleira de Turismo.

Dende o Concello de Padrón afondan en diferentes propostas para axudar ao tecido empresarial e ao grupo de comerciantes e de hostaleiros da vila a saír adiante ante a crise da pandemia da COVID. A nova plataforma, na que os distintos comercios de Padrón poderán anunciar os seus produtos está instalada na páxina web www.padronturismo.gal. arca