Últimos días de desconto e doazóns con Máis que louza para os necesitados

Doazóns
M. Outeiro
Titulillo. Piedefoto. Foto: autorfo

Ames. A tenda Máis que louza está a rematar a súa II campaña de recollida de doazóns de vaixela, que durará ata o 1 de sembro. Neste senso, segue a recibir os aveños, proporcionando un 5 % de desconto no establecemento o propio día da doazón. A louza será despois entregada á concellería de Benestar Social amesá para que a xestione e a reparta entre veciños necesitados.

Deste xeito, búscase a colaboración da poboación en xeral para sumar ao inventario municipal louza esencial en bo estado, que se poida logo distribuír e repartir entre as persoas que a necesiten. Na anterior iniciativa, desenvolvida tamén en colaboración co Concello de Ames, acadaron sobre trescentos quilos de vaixelas e similares. A nova iniciativa póñena en marcha dende o seu local, no número 6 (local 5) da praza da Maía de Bertamiráns. M. Outeiro