Un exemplar Carlino gañou o concurso canino de Dodro

Concurso
ARCA
Os cans gañadores posando cos seus donos e o alcalde de Dodro Foto/C.D.

dodro. O Concello de Dodro celebrou a pasada fin de semana a terceira edición do concurso canino que contou coa participación dun cento de exemplares. O gañador foi un can de raza Carlino propiedade de José Ramón y Patricia López Barreiro, quedando segundo un Perro sin pelo Mejicano Miniatura de Jaime Martínez Maceiras e Marta Cagiao Cribeiro e o terceiro foi un Antiguo Perro de Pastor Inglés de Marta Rouco Seoane. A celebración do Concurso Canino Concello de Dodro serviu de peche oficial da campaña Can do Ano en Galicia, así coma Veterano do Ano en Galicia, Mellor Presentador Xuvenil do Ano e Campión Galego que organiza a Sociedade Canina Galega, e que comezou en xaneiro na cidade de Lugo, seguiu cos concursos de Caldas de Reis e da Toxa e continuou coas exposicións en Silleda. Desde Dodro destácase a participación de concellos pequenos neste tipo de actos, onde a cinofilia faise chegar a toda a poboación. arca