Un ferido tras envorcar o seu turismo no centro de Bertamiráns este xoves

Accidente de tráfico
O.D. Vilar
O turismo envorcado o pasado xoves na rúa Arrucheiro de Bertamiráns. Foto: GES

Unha persoa resultou ferida no mediodía do pasado xoves en Bertamiráns tras envorcar o seu turismo. O GES de Brión recibiu a alerta do 112 ás 13.10 horas informando dun coche envorcado na capital amesá, na rua Arrucheiro, e tamén de que o piloto non podía saír. Ata alí se desprazaron os tres membros de garda, comprobando que o condutor xa estaba fóra, e ia ser trasladado polo 061 o centro hospitalario. Tras a retirada dos dous vehículos afectados, limpouse a vía. Colaborou tamén 061, Protección Civil e Policía Local