Un incendio á altura de Dodro impide ver aos condutores

Incendio
C.G.
Un momento do incendio. Foto: C.G.

Dodro. Esta tarde producíase un incendio á altura de Dodro, concretamente na autovía do Barbanza, na saída de Rois-Laíño. O lume, que se producía no monte, chegaba ata a mesma beira da estrada, o que dificultaba a visibilidade para os condutores dos catro carrís.

Segundo contou unha persoa que circulaba pola autovía nese momento, os bombeiros demoráronse aínda bastante en chegar. A zona afectada tardou en cortarse e o fume provocado pola herba ao arder nubrou totalmente a visibilidade dos condutores. As persoas que circulaban por ambos sentidos da autovía e se atoparon co incendio, non vían máis “ca fume negro”, relatou a testemuña. O lume quedou extinto tras queimar 0,13 hectáreas, segundo Europa Press. C.G.