Un mes e pico continúa coa primeira saída e unha charla

Pico Sacro
Claudina Estévez
Imaxe do Pico Sacro. Foto: xacopedia.com

Boqueixón. Continúan esta fin de semana en Boqueixón as propostas do ciclo Un mes e pico. Este sábado está programada a conferencia Xeoastronomía da antiga Gallaecia (medicións, datos e interpretacións): Santiago e o Pico Sagro no “tempo dos mouros” será impartida polo licenciado en Bioloxía e Máster na Arquitectura da Paisaxe, docente e investigador, Antón Bouzas Sierra.

Este domingo ás 11 horas na Igrexa de San Lourenzo da Granxa, terá lugar a primeira das tres saídas programadas: unha ruta arqueolóxica polo Pico Sacro e a súa contorna. Será da man da arqueóloga e antropóloga, Ana Isabel Filgueiras Rei. As seguintes citas da iniciativa están previstas para a fin de semana. c.e.