Unha blogueira para convertir o Padrón Xacobeo en tendencia

Redes sociais
ARCA
A blogueira galega Eva Abal

Padrón. A concellaría de Cultura de Padrón está a promover unha campaña de promoción turística centrada no Xacobeo 2021-2022 coa presenza da prestixiosa blogueira Eva Abal –creadora do blog unaideaunviaje.com–. Esta iniciativa xorde nun momento clave para reactivar a hostalería e os negocios turísticos locais tras o impacto provocado pola pandemia que estamos a vivir.

Durante a súa estancia, a blogueira galega tivo a oportunidade de realizar os últimos quilómetros do camiño da Pedronía, que une Santiago con Padrón. Este itinerario lembra a tradición Xacobea medieval segundo a cal os peregrinos continuaban a súa viaxe ata Padrón para coñecer o punto sagrado onde desembarcou o apóstolo. A través de stories en Instagram, publicacións en Facebook e un artigo con toda a información relacionada co Padrón Xacobeo, a blogueira o dará a coñecer a seus seguidores. arca