Unha xornada de inchables e auga chega ó Milladoiro

Actividades de lecer
Pedro Brea

AMES. A concellaría de Deportes do Concello de Ames pon en marcha unha xornada de inchables acuáticos e deportivos para os nenos de entre 5 e 15 anos. Esta terá lugar o venres 30 de xullo na área deportiva do Milladoiro. O número de prazas é limitado. A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca que “o que pretendemos é dinamizar o verán para a rapazada amesá, cunha actividade que seguro vai facer pasar unha tarde divertida e diferente para todos os participantes. Convidamos a toda a rapazada a que se inscriba e participe nesta xornada”.Unha vez inscritos só queda facerse cun traxe de baño, unha toalla e unhas chancletas para gozar desta xornada de auga e risas. pb