Unidade para doar sangue este martes na rúa da Cruxa

Donación de sangre
M. Outeiro
Unha unidade de doazón de sangue como a que irá este martes ata a rúa da Cruxa do Milladoiro. Foto: CDA

A Maía. A unidade móbil de doazón de sangue estará na rúa da Cruxa do Milladoiro, xusto no cruce coa avenida principal Rosalía de Castro este martes 22 de febreiro. O horario de mañá será de 09.30 a 14.30 horas, mentres que pola tarde alongarase das 15.30 ata as 21.00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

DEZ MIL. Hai que lembrar que os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes, e que todos os días persoas son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia, transplantes de órganos... Cada xornada, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue. M. Outeiro