Val do Dubra súmase á campaña “De fronte á violencia de xénero”

Unha das actividades será un concurso en redes sociais // Haberá tres categorías por idades con premios valorados en 60 euros para gastar en librarías da Coruña
Violencia de xénero
Redacción WEB
Concentración diante da Casa do Concello de Val do Dubra contra a violencia machista en novembro de 2019.

Val do Dubra. O Concello de Val do Dubra adhírese á campaña “De fronte á violencia de xénero” da Deputación Provincial da Coruña, con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Violencia de Xénero.

Dentro da programación da campaña lánzase o concurso “Desafío poético” que busca convertir a rima e as redes nun espazo de reivindicación fronte esta violencia. Todas as persoas que queiran participar deberán compartir en Facebook ou Twitter un post leendo, recitando, cantando ou amosando un texto poético. A dita publicación débese engadir os cancelos #DeFronte xunto ao que corresponda á categoría da idade: #DesafíoInfantil (para nenos e nenas de 3 a 12 anos); #DesafíoXuvenil (idades comprendidas entre os 13 e 19 anos) e #DesafíoAdultas (persoas maiores de 20 anos). Pódese participar nesta iniciativa ata o 26 de novembro. Finalmente, farase entrega dun premio por cada categoría que consistirá nun bono de 60 euros para gastar en calquera libraría da provincia da Coruña.