Valladolid expón vantaxes de municipalizar a auga

Ciclo del agua
M. Outeiro
De pé, pola esquerda, o alcalde Blas García coa edil de Valladolid María Sánchez. Foto: CDA

A Maía. O goberno tripartito continúa traballando na municipalización do servizo do Ciclo Integral da Auga. Para iso mantiveron este venres unha xuntanza no concello con María Sánchez, concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible do Concello de Valladolid, e presidenta tamén da entidade pública empresarial Aquavall, que leva o servizo.

Sánchez expuxo as vantaxes do cambio de modelo a xestión directa dos servizos indicando que coa municipalización en Valladolid non só se amosan cifras moi positivas que garanten que é un modelo máis sostible que a xestión indirecta, a través de concesións, senón que se reforzaron os investimentos en saneamento e depuración, renovación de infraestruturas e tamén actuaron no ámbito da atención á cidadanía con ampliación de horarios, posta en marcha dunha oficina virtual, reforzo na atención telefónica, actuando tamén no ámbito social, con bonificacións para desfavorecidos. M. Outeiro