Veciños piden cambios en catro viaxes do bus a Santiago

Transporte metropolitano
M.M.
O rexedor, na punta da mesa, con representantes das asociacións veciñais de Bugallido, Biduído e Ortoño. Foto: BG

A Maía. A resposta das asociacións veciñais ás modificacións da Xunta sobre os buses entre Ames e Santiago para Ortoño, Bugallido e Biduído foi positiva. Aínda así, os mebros desas entidades plantexáronlle ao tripartito local a modificación dos horarios de ida e volta coa capital de Galicia en catro frecuencias. Agora, o Concello enviaráselle dita modificación a Mobilidade para que a teñan en conta e, se é posible, a apliquen á última proposta.

O alcalde, Blas García, explicou que “agora toca agardar pola resposta da Xunta e que comece a funcionar o servizo o antes posible. O Concello xa dispón dunha partida orzamentaria para poñer en funcionamento o servizo de interese municipal (SIMU), que funcionaría entre a rúa Alcalde Lorenzo e maila estación intermodal de Santiago, como complemento da actual concesión de autobús interurbano”, apuntaba.

Para dar a coñecer as novas frecuencias e horarios quérense facer folletos. M. M.