Vedra acolleu a xornada do foro para emprender

Emprendemento
ARCA
Un momento da xornada celebrada na Estación

Vedra. Vedra acolleu a primeira das tres xornadas do Foro de Emprendemento rural que organiza Magnafor no ámbito do Plan Pel da Deputación e da axenda Emprende. A xornada articulouse arredor de distintas mesas redondas nas que axentes xa consolidados e emprendedores compartiron experiencias. O alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, foi o encargado de inaugurar a xornada para emprender.

O encontro na Estación de Vedra tivo un carácter feminino xa que todas as ponentes foron mulleres. O colectivo Creativas Galegas presentaron a mesa Emprendemento feminino en clave rural. Este grupo que comezou dunha conversa de dúas amigas agrupa hoxe en día a 200 profesionais e pequenas marcas do eido cultural galego, que crean ou deseñan en Galicia.

A segunda mesa, Retos e estratexias no mundo rural, contou con proxectos de persoas ligadas a A Estación, como Meteórica (Alba Prol) e a súa produtora audiovisual, Lume Producciones (Camila Pérez). Finalmente Cristina Enjamio de Aquelando falou dun programa formativo de sensibilización sobre LGTBI. arca