Vedra celebra o Día do Libro regalando exemplares que debe coller a veciñanza

Día del Libro
ARCA
Libros que esta a regalar o Concello de Vedra

Vedrar. O Concello de Vedra, a través da Área de Extensión Cultural, celebra o Día Internacional do Libro regalando exemplares á veciñanza.

As persoas interesadas en contar cun libro de balde deberán personarse nun dos locais dispostos polo concello para recoller esas “aventuras e soños” que lles regala o Concello, que distribuíu caixas con libros para que o público escolla o que lle guste e o leve para casa.

Os lugares e horarios desta campaña son os seguintes: casa do concello, o vindeiro luns 25 de abril entre as 9.00 e as 15.00 horas; no pavillón municipal de Vedra tamén o luns 25 de abril de 17.00 a 21.00; no centro cultural o luns de 17.00 a 21.30 horas; na Casa das Artes este sábado de 11.30 a 13.00 e o luns de 16.30 a 20.00; na Casa da Estación (Santa Cruz de Ribadulla) o luns en horario de 10.00 a 13.00, na casa de cultura de San Miguel de Sarandón, tamén o lunes en horario de 17.30 a 22.30 horas. arca