Vedra continúa co programa Mulleres+ para promover o seu apoderamento

Autocoidado
C.G.
Casa do concello de Vedra. Foto: C. Vedra

VEDRA. Comezou un novo ano, e dende o Concello de Vedra informan que continuará o programa Mulleres+. Trátase dunha iniciativa do goberno local que busca a atención integral ás mulleres, con ánimo do promover o apoderamento persoal e o autocoidado. Entre as habilidades que se imparten poden contarse: coñecementos básicos no uso das TIC’s, formación teórica e habilidades metodolóxicas para promover a inclusión dixital. O departamento de Igualdade do Concello quere co programa “ter un recurso propio para mellorar a autonomía e o autocoidado das mulleres de Vedra. Desenvólvese a través de accións formativas grupais e individuais, para que as mulleres vaian adquirindo coñecementos e ferramentas e que van destinadas ao coñecemento e adquisición de novas capacidades”. C.G.