Vedra e Apaca colaboran para frear a reprodución incontrolada dos animais

Animais
Claudina Estévez
O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, e Raquel Freiría, xerenta de APACA. Foto: C. Vedra

VEDRA. O Concello de Vedra en colaboración coa Asociación Protectora de Animais do Camiño (APACA) presentou a Campaña de esterilización e microchipeado de cans e gatos. Esta iniciativa busca evitar o abandono de camadas indesexadas, o extravío de animais e sobre todo concienciar á cidadanía sobre a importancia de ter os nosos animais de compañía identificados e evitar a súa reprodución incontrolada. Poderán beneficiarse desta campaña todas as persoas propietarias empadroadas en Vedra, cuns prezos moi económicos e incluso de xeito gratuíto en situacións de vulnerabilidade económica. O prazo de inscrición abre este martes e permanecerá activo ata o 15 de outubro. O impreso de solicitude estará na web municipal ou no rexistro. Consultas no 981 814 612, 881 074 404, ou en vanessa.crespo@concellodevedra.gal. C.E.