Vedra mostrou os seus encantos aos peregrinos

Peregrinación
C.G.
O alcalde de Vedra, Carlos Martínez, posa cun grupo de peregrinos. Foto: C. Vedra

VEDRA. O concello de Vedra encheuse de enerxía e de vida grazas aos centos de peregrinos que participaron na Peregrinación Europea de Jóvenes organizada pola arquidiocese de Santiago de Compostela e a Conferencia Episcopal Española. Segundo indicaron fontes municipais, o Concello puxo a disposición da mocidade europea as súas instalacións municipais como o pavillón e o Centro Socio Cultural. O Camiño Miñoto Ribeiro foi

escollido por 500 mozos procedentes de toda a xeografía española e portuguesa. Foron un total de oito os grupos que durmiron no municipio. Tamén centos de mozos pararon a merendar e coller forzas en Ponte Ulla, e aproveitaran para selar na Oficina de Turismo antes do último sprint cara Santiago. Polo concello de Vedra pasan tres vías de peregrinación: A Vía da Prata, o Camiño de Inverno e o Camiño Miñoto Ribeiro, e en todos sinalaron dende o goberno local, se notou a presenza dos peregrinos. C.G.