Vedra premiou ás tarxetas e celebrou a gala de corais

CAMPAÑA NAVIDEÑA
M. Outeiro
Representación das tres corais coa anfitrioa de fondo e o alcalde de Vedra á dereita. Foto: CV

Vedra. O Concello de Vedra amosa a súa satisfacción polo “éxito de afluencia” que acadaron na pasada fin de semana o seu Festival de Corais de Nadal, celebrado o sábado no centro sociocultural e que contou “con númeroso público”, e o espectáculo Os Fabulosos Cleaners da compañía Mala Sombra, que encheu o mesmo local, pero xa o domingo, ou o Festival de Nadal da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla, que tamén contou unha boa entrada na casa da cultura de Santa Cruz de Ribadulla. Destacar, do mesmo xeito, que xa se entregaron os premios do Certame de Postais de Nadal, ao que concorreron 186 traballos nas súas cinco categorías por idade. De entre todas elas, gañou a de Antía Valle Ledesma de 11 anos, que seconverterá na felicitación oficial de Vedra neste Nadal.Tamén acadaron a victoria nas súas seccións Uxía Aleixandra Fernández, Alejandra Louzao, Daniela Rodríguez, Julia López e a citada Antía Valle. M. Outeiro