Vedra prepara actividades do Pasatempo de Verán tamén para setembro

Está prevista unha andaina, unha sesión de cine, un espectáculo e actuacións musicais
Verán
Claudina Estévez
Cartel do filme que se proxectou este xoves. Foto: F.

Vedra. Vedra acolle as actividades finais do Pasatempo de Verán. O xoves tocaba cine familiar en Merín, con Magallanes y El Cano, e esta actividade daba por cerrada a programación de agosto ao suspenderse a escalada deste sábado. Xa en setembro está previsto o espectáculo Cirkote, o día 10 en San Pedro de Sarandón. Ao día seguinte toca andaina con Anda na Requinta, e o 17 cine de verán con Bruxerías, na contorna do local multiusos de Tobre. Tamén o 25 estará o grupo A Roda e O Fiadeiro. C.E.