Vedra ten unha nova centenaria

Centenario
Claudina Estévez
Carlos Martínez e Susana lema (1ª dereita) visitaron a Emilia Domínguez. Foto: C. Vedra

VEDRA. O concello de Vedra conta cunha nova centenaria. Trátase de Emilia Domínguez Caamaño, que vén de recibir os parabéns e a visita do Concello polo seu cen aniversario. Emilia recibiu un ramo de flores de man do alcalde, Carlos Martínez, e da edil de Servizos Sociais, Susana Lema. C.E.