Viaxe á pista de patinaxe coruñesa de Matogrande co programa Trouleando

Ocio
M.M.
A pista de xeo do barrio coruñés de Matogrande. Foto: M.N.

Ames. Volve o programa Trouleando da concellaría de Xuventude de Ames neste mes de xaneiro cunha xornada de patinaxe sobre xeo na pista situada en Matogrande (A Coruña). Será o vindeiro sábado 28, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro.

As persoas interesadas poden anotarse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal entre o 18 e o 21 de xaneiro. As prazas son limitadas, e asignaranse por orde de chegada dos emails.

O programa Trouleando ofrece para comezar o ano unha nova actividade que conxuga diversión e deporte a partes iguais. Desta volta, trátase dunha xornada de patinaxe sobre xeo, que terá lugar na pista natural coruñesa do barrio de Matogrande. A instalación ten seiscentos metros cadrados, nos que os participantes poderán patinar durante unha hora completa.

No que atinxe aos autocares, sairán dende o Pazo da Peregrina (Bertamiráns) ás 10.00 horas, e dende a casa da cultura do Milladoiro ás 10.15 horas. O regreso estímase para as 14.15 horas no caso do Milladoiro e para as 14.30 horas a Bertamiráns.

Quenes se sumen deberán acudir con guantes, e tamén se recomenda que empreguen roupa cómoda de manga larga e protectora. O alugueiro de patíns xa está incluído na actividade. Na iniciativa pode inscribirse toda a mocidade que teña doce anos cumpridos e que estea empadroada en Ames. M.M.