Viaxe ata os Ancares ca Aula da Natureza amesá

excursión
M. Outeiro
Algúns veciños de Ames que acudiron á saída diante dunha palloza nos Ancares. Foto: CDA

Ames. A Aula da Natureza vén de organizar o sábado 23 e o domingo 24 de abril unha excursión de fin de semana aos Ancares, onde se completaron as rutas ambientais dos Tres Bispos e dos Cabanillos, e se visitou a aldea do Piornedo e as súas pallozas prerromanas.

Deste xeito, na xornada do sábado chegouse aos Ancares sobre ás 11.00 horas, e percorreuse a ruta dos Tres Bispos, uns 14,52 quilómetros que parten dende a Degrada dos Ancares. Despois dun descanso merecido para o xantar, regresouse á Degrada, para que o autobús de volta a Ames retornase coa parte da expedición que decidiu non quedar toda a fin de semana na zona. Xa no domingo, a mañá, ruta dos Cabanillos.

Ademais, a rapazada gozou a principios deste mes dunha xornada especial centrada na Festa dos Maios ca mesma Aula, na que se repartiron tarefas e traballaron en equipo para elaborar maios e coñecer mellor esta celebración tradicional. M. O.