Villares Paz acudiu á Baña para lembrar a Pose Antelo

Historia de Galicia
M.M.
O exdocente e catedrático de instituto Amancio Liñares Giraut, primero pola esquerda, co catedrático emérito Ramón Villares Paz e o mandatario local da Baña, o popular Andrés García Cardeso, co busto de José Manuel Pose Antelo. Foto: CDB

A Baña. Andrés García Cardeso, alcalde da Baña, vén de recibir ao catedrático emérito da USC, Ramón Villares Paz, quen quixo visitar o municipio para ver o busto do que fora o seu compañeiro no Departamento de Historia Contemporánea da Universidade de Compostela, o profesor bañés José Manuel Pose Antelo.

Durante o percorrido –ao que tamén se sumou o exdocente nicrariense Amancio Liñares–, aproveitaron para se retratar diante da placa de homenaxe ao mestre Avelino Pousa Antelo; ca dos represaliados pola ditadura franquista e coa escultura do maxistrado Daniel García Ramos. Villares Paz foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do Consello da Cultura Galega. Cultivou ao longo dos anos unha amizade e relación laboral moi especial co Pose, un dos primeiros bañeses que acadou un doutorado. Foi, igualmente, unha persoa moi comprometida ca historia e o benestar dos seus conveciños. M.M.