Vinte bonos á venda para os espectáculos escénicos locais

Artes Escénicas
M. Outeiro
Una das representacións previstas, neste caso a obra de ‘A parábola do Angazo’, que chegará o 11 de febreiro. Foto: Taía Teatro

A Maía. Veñen de pór á venda os bonos culturais da programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre de 2022. Teñen cun custe de 30 euros, e supoñen un desconto do 50 % do importe total dos doce espectáculos para adultos aos que dá acceso. A concellaría de Cultura pon á disposición da veciñanza unha vintena, que poderán obterse ata o 4 de xaneiro de 2022 –ou ata fin de existencias– a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Para retiralos, hai que estar rexistrado nesa billeteira e acceder ao panel interno. Dende alí, e a través do menú lateral esquerdo, haberá que seleccionar a opción Compra de bonos, na que indicaranse o número de pases a retirar e as butacas que quedarán reservadas para os doce espectáculos, que serán sempre as mesmas, tanto para as funcións no auditorio do Milladoiro como no de Bertamiráns. Unha vez realizado o pago, recibirase a entrada por email.

A programación orientada ao público adulto dobra as súas propostas para o primeiro semestre de 2022 con respecto ao ano anterior, con doce representacións polas seis da primeira metade de 2021. O itinerario inclúe danza tradicional e contemporánea, novo circo e teatro. M. Outeiro