Visita ás obras de mellora do pavimento e da drenaxe nas Cortes e a senda peonil de Maguxe

Pavimentación
M.B.
Blas García, 3º pola esquerda, revisa as obras da zona. Foto: C. Ames

Ames. O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, achegouse o pasado venres ao lugar das Cortes, na parroquia de Ortoño, co fin de revisar as obras realizadas na zona. O proxecto inclúe melloras nos interiores dos núcleos de Ortoñiño e As Cortes e nos seus accesos, con melloras na pavimentación, a drenaxe e a seguridade viaria. O alcalde estivo acompañado durante a súa visita polo concelleiro do Rural, Santiago Márquez, ademais de persoal municipal e de representantes da empresa redactora do proxecto.

Ademáis o alcalde comprobou o avance dos traballos nunha senda peonil que vai de Lapido a Maguxe. Ambos proxectos, nos que o Concello investiu 354.000 euros, teñen como obxectivos a mellora da drenaxe, da pavimentación e da seguridade viaria destas infraestruturas.

Blas García sinalou que a obra das Cortes “é un claro exemplo de como se está actuando nos interiores dos núcleos, que se están axeitando con formigón e adoquíns acorde co entorno rural no que se atopan, ademais de que van durar un tempo importante e con pouco mantemento”, apuntou o rexedor. m.b.