Visitaron aos Magos de Oriente 1.200 familias

Cabalgata Reyes
M. Manteiga
Unha das familias amesás que se reuniu cos Reis Magos, sempre con cita previa. Foto: CA

Ames. As Súas Altezas Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron un ano máis as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro para poder estar con toda a rapazada de Ames antes da noite máxica. E co obxectivo de que as Súas Maxestades de Oriente puideran recibir a pequenos e adultos, o Concello habilitou os seus polideportivos de ambos núcleos. Deste xeito, durante o martes 4 e mailo mércores 5 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, arredor de 1.200 unidades familiares pasaron polos pavillóns para poder saudar e falar cos tres Reis Magos.

Ademais, cen rapaces que non puideron acudir á Recepción real por mor dun confinamento por coronavirus, recibiron nos seus domicilios un pequeno agasallo e puideron falar cos Reis Magos a través de vídeochamada. Para facilitar a asistencia de pequenos e adultos, púidose solicitar cita previa a través da sede electrónica municipal, e contabilizáronse as citadas 1.200 solicitudes. M. Manteiga