Visitas, cultura e deporte para os brioneses maiores de 60

Ocio e cultura
M. Outeiro
Operarios cas focas do Aquarium Finisterrae, que os maiores e Brión poderán visitar. Foto: AF

A Maía. O Concello de Brión lanza as súas Xornadas de verán para maiores de 60 anos que, durante os vindeiros meses, ofrecerán actividades de lecer, deportivas e culturais de balde para os maiores.

En concreto, o programa está previsto para os meses de xuño e xullo. Abrirase o mércores 15 de xuño cunha visita a Santiago, que inclúe paseo e percorrido no tren turístico. Xa o venres 1 de xullo, chegará a Camiñata pola contorna con Trigo, mentras que o mércores 13 de xullo visitarase o Aquarium Finisterrae, na capital herculina. E o xoves 21 de xullo prevese un obradoiro de arte no centro social da capital brionesa.

Todas as actividades se desenvolverán pola mañá, regresando a tempo para o xantar, e existe límite máximo de medio cento de prazas para cada actividade. Son gratuítas, e van dirixidas aos veciños maiores 60 anos e os seus cónxuxes, empadroados no Concello de Brión. As anotacións pódense formalizar xa chamando ao teléfono 981 509 910 ata o vindeiro 6 de xuño, e a admisión farase por estrita orde de inscrición e de prioridade nas distintas actividades, suliñan. M.O.